viernes, 16 de noviembre de 2007

Problema Matemático

Van tres amigos cear a un restaurante, despois da cea, ao pedir a conta, é onde ven o “problema”:
Amigos: "Camareiro... pódenos traer a conta, por favor."
Camareiro: Son 30 euros, cabaleiros.
Cada un pon 10 euros. Cando o camareiro vai poñer o diñeiro na caixa,veo o xefe e dille:
Xefe: Non, eses son amigos meus. Cóbralles só 25 euros.
O camareiro dáse conta de que se devolve os 5 euros pode haber unha lea para repartilos e decide o seguinte:
Camareiro: Xa está. Quedareime 2 euros e devólvolle 3, un para cada un.
Así o fai: Devólvelles 1 euro a cada un.
Agora é cando ven o follón: se cada un puxo 10 euros e devólvenlle 1 euro, realmente puxo cada un deles 9 euros. Ata aquí de acordo, non?.
Pois ben: 9 x 3 = 27 euros.
Se engadimos os dous cos que se queda o camareiro: 27 + 2 = 29 euros
ONDE ESTÁ O OUTRO EURO???

lunes, 12 de noviembre de 2007

Dilema Matemático

Cuestión Matemática
Recentemente creouse no instituto Laxeiro un dilema matemático:
Se 0,9 periódico é igual a 1.
Certas persoas estan a favor do si, como é Andrés ( profe de mates), e a favor do non encontranse outras, como é Xosé López ( alumno de 1º Bacharelato tecnolóxico)
Neste artigo podedes dar a vosa opinión e estas persoas poderán explicar o porqué.

viernes, 9 de noviembre de 2007

INICIACIÓN

Nova Kacharela Científica.
Esta nova Kacharela está creada por petición de algunhas persoas ( Juanjo, Xosé López, Jose Manuel Poza, Sebas García ...).
Foi creada para expoñer cuestións, artigos, curiosidades e outras moitas cousas relacionadas coa ciencia e derivados.
Esperamos que teña tanta participacón como a orixinal.
En breve sacaremos outras seccións
DISFRUTÁDEA!!!