martes, 17 de junio de 2008

O universo é tan grande que nin o imaxinas

Agora que vén o verán e o sol, podes pensar que o Sol, sendo 100 veces máis grande que a Terra enteira, é unha insignificancia no medio doutras estrelas INFINITAMENTE máis grandes.

miércoles, 4 de junio de 2008

TECNOLOXÍA AUDIOVISUAL

Despois do éxito do traballo audiovisual no INFOFALA d+s de 4º ESO, para todas aquelas persoas que queiran construirse unha Cámara que lle chaman Steady-Cam, que permite facer pasadas en panorámica, e acompañar movementos sen xiros bruscos, mirade estas ideas de Johny Chung Lee


O scketch chiki-recicling leva estes días 400 visitas. Acórdate do Medio Ambiente pero cun sorriso nos beizos!!

Por certo, que David Utrera tén preparado o Blog de Medioambiente do IES.
É coma se se fosen xerando Seccións desta gran revista de internet que é a Kcharela!

miércoles, 27 de febrero de 2008

OS AVIONS VOAN PORQUE OS FAN VOAR

A todos os participantes da I edicion do concurso de avións de papel “Gumersindo Arean”!!!! :

Aquí tedes unha axuda para facer este concurso mais rifado e competido.

E para as persoas que non vades a participar válevos para apreciar mellor o complicado da construccion dos avións.

Custa un montón facer un avión molón…

Na páxina Avioncitos de Papel (É unha páxina arxentina: xa vedes como escriben certas palabras en castelán) podedes ver Modelos e Consellos. Vos dan estes consellos

Modelos http://www.avioncitosdepapel.com/modelos.php

Outro enlace moi bo con explicacións http://origami-kids.com/avionesdepapel-1-cazadores.htm

Bases do concurso: http://www.ieslaxeiro.com/documentos/bases-avions.pdf

Gumersindo Areán, un aviador de Rodeiro.


Comezade xa a traballar e non vos olvidedes de reciclar os folios...

miércoles, 26 de diciembre de 2007

UN MOTOR É MOITO MAIS SIMPLE DO QUE...

Un motor é un mecanismo empregado na tecnoloxía. E hai moitos tipos. Pero algúns son incribelmente simples!!!




Hainos máis simples ainda, ou máis bonitos e simples. Simplemente é o máis simple que temos atopado.

¿QUEN SE ATREVE A PROBALO? HAI PREMIO!! (Pedídello á profe de Tecnoloxía)


O asunto é ver as cousas de sempre dende outra perspectiva, non é?

viernes, 16 de noviembre de 2007

Problema Matemático

Van tres amigos cear a un restaurante, despois da cea, ao pedir a conta, é onde ven o “problema”:
Amigos: "Camareiro... pódenos traer a conta, por favor."
Camareiro: Son 30 euros, cabaleiros.
Cada un pon 10 euros. Cando o camareiro vai poñer o diñeiro na caixa,veo o xefe e dille:
Xefe: Non, eses son amigos meus. Cóbralles só 25 euros.
O camareiro dáse conta de que se devolve os 5 euros pode haber unha lea para repartilos e decide o seguinte:
Camareiro: Xa está. Quedareime 2 euros e devólvolle 3, un para cada un.
Así o fai: Devólvelles 1 euro a cada un.
Agora é cando ven o follón: se cada un puxo 10 euros e devólvenlle 1 euro, realmente puxo cada un deles 9 euros. Ata aquí de acordo, non?.
Pois ben: 9 x 3 = 27 euros.
Se engadimos os dous cos que se queda o camareiro: 27 + 2 = 29 euros
ONDE ESTÁ O OUTRO EURO???

lunes, 12 de noviembre de 2007

Dilema Matemático

Cuestión Matemática
Recentemente creouse no instituto Laxeiro un dilema matemático:
Se 0,9 periódico é igual a 1.
Certas persoas estan a favor do si, como é Andrés ( profe de mates), e a favor do non encontranse outras, como é Xosé López ( alumno de 1º Bacharelato tecnolóxico)
Neste artigo podedes dar a vosa opinión e estas persoas poderán explicar o porqué.

viernes, 9 de noviembre de 2007

INICIACIÓN

Nova Kacharela Científica.
Esta nova Kacharela está creada por petición de algunhas persoas ( Juanjo, Xosé López, Jose Manuel Poza, Sebas García ...).
Foi creada para expoñer cuestións, artigos, curiosidades e outras moitas cousas relacionadas coa ciencia e derivados.
Esperamos que teña tanta participacón como a orixinal.
En breve sacaremos outras seccións
DISFRUTÁDEA!!!