viernes, 16 de noviembre de 2007

Problema Matemático

Van tres amigos cear a un restaurante, despois da cea, ao pedir a conta, é onde ven o “problema”:
Amigos: "Camareiro... pódenos traer a conta, por favor."
Camareiro: Son 30 euros, cabaleiros.
Cada un pon 10 euros. Cando o camareiro vai poñer o diñeiro na caixa,veo o xefe e dille:
Xefe: Non, eses son amigos meus. Cóbralles só 25 euros.
O camareiro dáse conta de que se devolve os 5 euros pode haber unha lea para repartilos e decide o seguinte:
Camareiro: Xa está. Quedareime 2 euros e devólvolle 3, un para cada un.
Así o fai: Devólvelles 1 euro a cada un.
Agora é cando ven o follón: se cada un puxo 10 euros e devólvenlle 1 euro, realmente puxo cada un deles 9 euros. Ata aquí de acordo, non?.
Pois ben: 9 x 3 = 27 euros.
Se engadimos os dous cos que se queda o camareiro: 27 + 2 = 29 euros
ONDE ESTÁ O OUTRO EURO???

2 comentarios:

Lapis-vermello dijo...

mira que son mala para os problemas.Pero eu creo que o ultimo euro quedose con el o camareiro.

rodicio dijo...

Pois parece ser que é coma ao redondeo.
Para o que cobra, o redondeo é á alza, e para o que paga, á baixa.

Quen parte e reparte, leva sempre para sí a mellor parte